Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

iniciacoop: interésache emprender a través dunha cooperativa?


Proxecto promovido por EspazoCoop - Unión de Cooperativas Galegas coa finalidade de facilitarche unha ferramenta web accesible e sinxela, coa que poidas realizar un autodiagnóstico que che permita coñecer o teu perfil emprendedor a respecto da empresa cooperativa, de acordo coas túas respostas ás preguntas formuladas pola aplicación.

Esta ferramenta é gratuita.

iniciacoop enmárcase dentro do Convenio de Colaboración 2023 entre a Deputación de A Coruña e  ESPAZOCOOP, vinculado ao Proxecto "Fomento do Emprendemento en Cooperativa e Consolidación de Cooperativas Creadas" ao abeiro do Plan de Emprego Local -PEL- de 2023.

 

como funciona


A través de varios formularios incluidos nos seguintes 5 pasos, deberás respostar cuestións, co fin de mellorar o teu autocoñecemento e avaliar o teu potencial e perfil emprendedor vinculado á empresa cooperativa:

  • PASO 1 - Presentación e obxectivos
  • PASO 2 - Principios cooperativos
  • PASO 3 - Iniciativa emprendedora
  • PASO 4 - Traballo en equipo
  • PASO 5 - Liderado

Para realizar a autodiagnose é preciso o teu rexistro previo como "usuario" da web.